O instinto falou...

cerezo.jpg

Fai xa un ano que Aluhe veu a este mundo, estes días as flores das cerdeiras traen a miña memoria aqueles dias, así, con estes pensamentos presentes quero compartir con vos un relato que escribin xa fai meses.

A auga quente acariña o meu corpo na ducha, é un pracer. Agora sempre estará asociado a lembranza do parto, cando esas caricias que envolvían o meu corpo axudaron ao comezo dos puxos.

É un don que a natureza concedeu as mulleres, o maravilloso don de poder enxendrar e parir unha vida. Un don que temos que recuperar as mulleres, un don roubado que non podemos deixar de viver.

O pracer do primeiro embarazo e o pracer de parir ao meu segundo fillo libremente na casa, quedarán na miña memoria para poder devolvernos o que é noso as próximas xeracións.

A idea do parto na casa xa naceu co primeiro embarazo, mais a falla de profesionais que acompañasen, fixoo imposible. Agora, no segundo embarazo, voltou a acenderse esa idea, e agora sí que atopamos ese acompañamento por matronas dende "parto na casa". Traballei medos, visualicei, fíxenme consciente do que ía ocurrir, de como queriamos que fose, sempre deixando que o meu instinto de nai emanase. Visualizacións, PNL, relaxación, leituras,... e aí está, ocorriu o parto case exactamente como escribira unhas semanas antes de como ía ser, casi ate a hora exacta.

O instinto falou, Aluhe naceu!!

Grazas por acompañarme nesta viaxe.

Asistencia por matronas en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, A Coruña,... y muchas otras localidades de la comunidad autónoma de Galicia.

Parir en casa no es para todos, si estáis pensando en ello como la mejor opción para vuestra familia, esperamos poder ayudaros.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos